Covid 19. Tempo de palabras e xestos: os pasteis de Mari&CasaDebasa para Hestia Palau

Covid 19. Tempo de palabras e xestos: os pasteis de Mari&CasaDebasa para Hestia Palau

Doces. Así son os pasteis e as palabras que Mari&CasaDebasa dirixiron a Hestia Palau. O centro sociosanitario barcelonés recibiu estes días un paquete moi especial: tortas de Santiago acompañadas dunha mensaxe de agradecemento. O xesto era privado, pero Mari Carmen Capilla, responsable desta empresa familiar fundada en 1983 e pioneira en importar produtos de Galicia e do Bierzo á Cidade Condal, permitiunos compartilo a través da nosa web por se serve de ánimo aos que están en primeira liña nesta emerxencia sanitaria.

“Hai tempo que tiña a necesidade de agradecer o ben que coidaron da miña nai no último tramo da súa vida. E agora pareceume un bo momento para facelo porque estamos nunha situación moi difícil”, explica Mari Carmen, todo palabras de recoñecemento e gratitude para Hestia Palau. “Sodes uns grandes profesionais. Envíovos todo o meu agarimo, moito ánimo e moita forza para que sigades facendo o voso traballo, coidando dos nosos maiores que tanto vos necesitan. Sodes un exemplo no que todos deberiamos mirarnos”, enfatiza.

Sen dúbida, as súas palabras e o seu xesto, xunto cos de profesionais de Hestia Alliance e doutras persoas e institucións que nos axudan e nos transmiten a súa gratitude e os seus ánimos, son un estímulo para as persoas que traballan nos nosos centros e que, a pesar das circunstancias, se esforzan por seguir ofrecendo unha atención integrada social e sanitaria de calidade a pacientes, usuarios e residentes.

Sen comentarios

Publicar un comentario