O Día do Libro confinado de Hestia Alliance

O Día do Libro confinado de Hestia Alliance

Cómplice de todos sempre, aliada para moitos no confinamento, a palabra, levada á súa máis apaixonante extensión: o libro, celebra hoxe o seu día. Nin a crise sanitaria nin o estado de alarma puideron co Día do Libro en Hestia Alliance, posto que algúns dos seus centros quixeron facerlle unha chiscadela a esta cita cultural celebrada este ano nun contexto especial.
Ben o explican os primeiros versos do poema que recibiron os pacientes de Hestia Duran i Reynals. En aquest dia de Sant Jordi/o nostre enemic no és un drac/és un virus amb coroa/que quasi tothom a confinat (Neste día de San Jordi/o noso inimigo non é un dragón/é un virus con coroa/que a case todos confinou). A iniciativa partiu do Departamento de Animación Sociocultural do centro catalán, que plasmou o debuxo dunha rosa lista para colorear, xunto á poesía, para os que non se animasen co traballo manual preparado por Ana (e para os que si).
No Centro de Día Sant Lluís, a súa xerente, Jèssica Ametller, emocionou os residentes con versos tan sentidos coma os que pechaban a súa poesía: Sou valents per lo viscut/i sabios pel que ens ensenyeu/la vida és viure minut a minut/i en familia ens sentim arreu (Sodes valentes polo vivido/e sabios polo que nos ensinades/a vida é vivir minuto a minuto/e en familia sentímonos plenos).
Non foi a única, porque todos os traballadores quixeron recitar un poema, ademais de elaborar rosas de papel de periódico reciclado, con mensaxes personalizadas. Algúns residentes tamén se sumaron, e dúas, Juanita e Basi, dedicaron os seus versos aos nenos do colexio que compartiron outros anos o Día do Libro coa ‘Resi’. Houbo tempo tamén para lembrar a lenda de San Xurxo grazas á televisión.
E na Residencia Xeriátrica e Centro de Día Es Mercadal, as paredes enchéronse de poesías e de cor, e dous residentes animáronse con “Mariposa del aire”, de Federico García Lorca, como amosa o breve vídeo que prepararon para que, sobre todo os escolares do concello, que tamén compartiran con eles outros “Sant Jordi”, celebren sempre o pracer das letras enlazadas que contan a vida.

Sen comentarios

Publicar un comentario