Tipoloxía | Camas | Unidades |
---|---|---|
Sociosanitario | 62 | Convalecencia Sociosanitaria Longa Estadía Sociosanitaria |
Estratexicamente situado no centro histórico da cidade de Pontevedra, Hestia Santa María é un centro sociosanitario. O edificio abriu as súas portas como maternidade en 1949 co nome de Sanatorio Santa María e foi rehabilitado para o seu uso sociosanitario en 1999.
Desde entón ofrece os seus servizos de hospitalización para atender pacientes crónicos ou convalecentes que precisan unha atención especializada e personalizada, formando parte da rede sanitaria pública galega, SERGAS.
Enderezo: Avenida Santa María, 9, 36002 Pontevedra
Teléfono: 986 856 562