CATALUÑA

Hestia Palau

Tipoloxía Camas Unidades
Sociosanitario e Saúde Mental 391 Subagudos Sociosanitario
Convalecencia Sociosanitaria
Coidados Paliativos Sociosanitarios
Longa Estadía Sociosanitaria
Hospital de Día Sociosanitario
Atención Domiciliaria Sociosanitaria
Agudos Saúde Mental
Subagudos Saúde Mental
Centro de Día Trastornos Alimentarios
Media e Longa Estadía Saúde Mental

Hestia Palau está situado no edificio histórico do Palacio da Mutualidade da antiga “Quinta de Salud La Alianza”, que foi inaugurado en 1915 en Barcelona. Desde a súa incorporación ao Grupo Hestia Alliance, o 15 de xuño de 2011, as instalacións fóronse renovando gradualmente para adaptalas ás actuais necesidades asistenciais.

O centro ofrece unha atención integral, tanto sanitaria coma social, ao paciente e á súa familia. Esta atención está dirixida a persoas que padecen enfermidades crónicas, así como a pacientes con problemas de rehabilitación funcional ou que precisan coidados ou tratamentos continuos.

Hestia Palau conta con 391 camas e ofrece servizos de atención sociosanitaria (longa estadía, convalecencia, coidados paliativos e hospital de día) e servizos de saúde mental en réxime de hospitalización.

Enderezo: Carrer de Sant Antoni Maria Claret, 135, 08025 Barcelona

Teléfono: 93 566 14 71