Reafirmamos este compromiso coa implantación de sistemas de calidade normalizados que contribúan á excelencia técnica e humana, e a prestación dunha atención integral e integradora, centrada na persoa, innovadora e sostible.
A organización establece obxectivos e indicadores que permiten avaliar a eficacia e a eficiencia nos procesos e aplicar medidas de mellora continua. Para iso, implantouse un sistema de xestión de calidade na área sociosanitaria e de saúde mental, inspirado no modelo EFQM, no Modelo de Calidade e seguridade do paciente da Fundación Avedis Donavediam (FAD) e nas Normas Internacionais ISO 9001: 2015, ISO 14001: 2015 e no Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo establecido pola norma ISO 45001, que substitúe a OSHAS 18001.