A xestión da calidade é, para o noso grupo, un compromiso de garantía dunha mellor asistencia ao paciente, e unha responsabilidade por parte da Dirección de que os seus profesionais altamente cualificados exerzan unha práctica segura, continuada e eficiente, orientándonos cara á mellora na efectividade das intervencións dos profesionais de equipos de atención ao paciente e á familia, nunha contorna comunitaria.
Hestia Alliance garante unha alta solvencia técnica e cualificación profesional, estando sometida a organización a procesos de acreditación dos nosos servizos sociosanitarios e de saúde mental, tanto daqueles esixidos nos estándares de calidade das diferentes Administracións contratantes, coma das normas ISO, EFQM e á avaliación externa dos indicadores de calidade realizada por entidades independentes.
O Grupo Hestia Alliance constitúe un modelo de éxito con máis de 30 anos de experiencia no sector, que agrupa, na actualidade, un total de 15 centros, sociosanitarios, de saúde mental e residencias asistidas, distribuídos polas comunidades autónomas de Cataluña, Madrid, Galicia e Baleares. O noso equipo de profesionais componse dun cadro de persoal superior a 1.500 empregados e presta servizo a máis de 13.000 persoas cada ano. A oferta do total de prazas autorizadas nos diferentes ámbitos –sociosanitario, saúde mental e residencial– supera as 2.000 camas.