HESTIA ALLIANCE, SL ten a súa sede na Praza Karl Marx, nº. 1, 08035 BARCELONA, e figura inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona no tomo 31.365, folio 58, folla nº. B-187421, inscrición 1a, co Número de Identificación Fiscal B-61866323.
HESTIA ALLIANCE é a titular do dominio en internet www.hestiaalliance.org. A utilización desta páxina web atribúe a condición de usuario desta e implica a aceptación sen reservas das disposicións incluídas neste aviso legal no momento en que o usuario acceda á web.
O usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos, de acordo coa lei, con este aviso legal e coas instrucións e regulamentos de uso, ademais de coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados na orde pública. Neste mesmo sentido, o usuario absterase de utilizar calquera información contida na web con fins ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.
A páxina web pode ser visitada libremente polos usuarios, correspondéndolles a estes a responsabilidade do uso da información que conteña.
HESTIA ALLIANCE non garante a dispoñibilidade permanente dos contidos da web e queda exonerada de calquera tipo de responsabilidade debida aos danos e perdas causados pola non dispoñibilidade do servizo, e reserva para si o dereito de actualizar o contido da páxina web e de eliminalo, así como de limitar e impedir o acceso, temporalmente ou de forma permanente, sen notificación previa.
A reprodución, copia, total ou parcial, distribución, comercialización, comunicación pública ou calquera outra actividade que se poida facer cos contidos e a información desta páxina web deberá contar co consentimento expreso de HESTIA ALLIANCE. O incumprimento desta obriga pode ser considerado unha infracción que pode ser castigada pola lexislación vixente.
HESTIA ALLIANCE rexeita calquera responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas baixo a súa supervisión e, especialmente, sobre os contidos das posibles ligazóns publicadas na súa páxina web.
HESTIA ALLIANCE queda exenta de responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza que se poidan derivar da captación e uso por parte de terceiros das informacións, publicidade e opinións proporcionadas polos usuarios da páxina web e non se fai responsable de ningún xeito dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan do sitio web nin estean xestionados por ela.
Os contidos da web están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial e son de titularidade exclusiva de HESTIA ALLIANCE ou das persoas físicas ou xurídicas que a forman. A adquisición da condición de usuario non lle confire a este ningún dereito de alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública sobre os contidos, e HESTIA ALLIANCE reserva para si todos estes dereitos. Enténdese por propiedade intelectual, ademais dos contidos incluídos en www.hestiaalliance.org, os seus logotipos, deseños, imaxes e código fonte empregado para a programación.