05 Out A logopedia nos sociosanitarios: unha disciplina emerxente
María Castro e Aida Yousef, logopedistas de Hestia Duran i Reynals, son as protagonistas dunha nova sesión clínica. “A logopedia nos sociosanitarios: unha disciplina emerxente” é o título da súa intervención virtual vía Zoom, programada para o martes 5 de outubro, a partir das 15 horas.
Castro e Yousef compartirán cos profesionais do grupo unha comparativa dos datos asistenciais do primeiro semestre de 2020 e 2021, ademais de dar conta da prevalencia da disfaxia orofarínxea (DO) e da prevalencia da DO en pacientes Covid, así como da fisiopatoloxía das complicacións asociadas á DO funcional. As logopedistas abordarán tamén no seu relatorio o circuíto do servizo de logopedia no ámbito sociosanitario e explicarán o tipo de exploracións que realizan e a optimización do uso da historia clínica.
Cómpre salientar que os trastornos de deglutición e da comunicación son algúns dos problemas que poden aparecer na vellez e/ou como consecuencia de alteracións neurolóxicas. Diminúen a calidade de vida das persoas e poden ter consecuencias importantes como son a mala nutrición e as infeccións respiratorias. A maior conciencia da sociedade en relación co benestar e a autonomía dos maiores, e das persoas que sofren unha enfermidade, explica a puxanza da logopedia no ámbito sociosanitario.
Sen comentarios