19 Mai Coronavirus: a aposta por manter unhas rutinas e hábitos de vida saudables
A emerxencia sanitaria provocada polo SARS-CoV-2 e as súas consecuencias médicas, económicas e sociais, que se prolongarán máis aló da evolución á baixa do número de contaxios e do resultado da desescalada, aconsellan manter a aposta de Hestia Alliance en favor das rutinas e hábitos de vida saudable. Mónica Crespo, psicóloga en Clínica Coroleu, ofrécenos unha serie de pautas para xestionar a situación actual da maneira máis adaptativa posible.
Nun vídeo, a profesional apunta como as rutinas e hábitos de vida saudable axudan a estruturar e ordenar o noso día a día, proporcionándonos certa sensación de control, autonomía e seguridade, o que repercute na optimización da xestión do tempo, na redución dos niveis de ansiedade e na mellora da autoestima.
Facer un planning e coidar a hixiene persoal e do domicilio, a alimentación e o sono, realizar actividades gratificantes, informarse pero sabendo desconectar, manter o contacto social ou reservar tempo para un mesmo son algunhas das recomendacións que Mónica Crespo nos ofrece para alcanzar un mellor estado físico e mental.
Pode coñecer máis pautas para unha mellor xestión física e emocional da COVID-19 na canle de YouTube do Grupo Hestia.
Sen comentarios