25 Set Abordaxe transversal tamén para enfrontar o Alzhéimer
O Ministerio de Sanidade decidiu recentemente celebrar o Día Mundial do Alzheimer para defender a necesidade de seguir traballando fronte a esta enfermidade desde un enfoque que xunte criterios de atención, estratéxicos e de xestión, así como criterios de soporte que dean unha resposta sanitaria e social a pacientes e familiares. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que proclama a Organización Mundial da Saúde (OMS) e que este ano se celebra baixo o lema ‘Integrando a Innovación’, foi lembrado o importante papel que, neste sentido, desempeñan a Estratexia en Enfermidades Neurodexenerativas do SNS e o Documento de abordaxe do Alzheimer e outras demencias.
Traballos, froito do consenso entre o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, que avogan pola xeración de coñecemento, o fomento da participación de todos os actores vinculados ao Alzheimer, a capacitación das persoas que traballan cos familiares, así como a mellora da calidade de vida das persoas que conviven con esta enfermidade.
Avaliación da Estratexia e Manual de Coidadores
Doutra banda, desde Sanidade detallouse o labor de avaliación da Estratexia das Enfermidades Neurodexenerativas do SNS, que concluíu, entre outros, cun Informe que revela que o número de altas de persoas con demencia en 2020 foi de 170.285, máis en mulleres ca en homes e cunha prevalencia maior entre os 90 e os 94 anos.
Ademais, no marco da Estratexia e en colaboración coa Confederación Española de Alzheimer e outras demencias (CEAFA), impulsouse a publicación do Manual de coidadores para persoas con demencia, que é unha adaptación da ferramenta iSupport da Organización Mundial da Saúde (OMS).
Sen comentarios