22 Feb Entroido 2023. Hestia Palau vístese de circo
Hestia Palau acaba de poñer o punto final ao Entroido despois de varias semanas dedicadas a confeccionar disfraces inspirados no mundo do circo.
Magos, pitonisas, malabaristas, forzudos, pallasos e domadores de leóns apoderáronse estes días do centro para ofrecer os máis singulares números circenses.
Houbo, ademais, baile en grupo, bingo especial, tamén ambientado en figuras do circo, e o espectáculo do mago Xavi, como colofón a estes días festivos que deixou pampos a todos os presentes.
Sen comentarios