16 Mar Estado cognitivo e calidade de vida en pacientes oncolóxicos, na primeira entrevista das Bolsas Hestia
Nadia Rodríguez, neuropsicóloga en Hestia Duran i Reynals e investigadora principal do proxecto “Impacto de novos tratamentos hormonais no estado cognitivo e calidade de vida en pacientes de idade avanzada afectados por cancro de próstata metastásico”, é a protagonista da primeira das entrevistas publicadas pola Fundación Hestia para difundir o resultado das Bolsas de Investigación e Premios Hestia 2020.
Na súa terceira edición, Nadia Rodríguez e a súa compañeira en Hestia Duran i Reynals Irene Vaquer, xunto con Maite Antonio e Lucía Heras, do Institut Català d’Oncologia obtiveron unha das bolsas que lles permite avanzar nun estudo piloto multidiscipinario orientado a ampliar o coñecemento do impacto cognitivo dos tratamentos que se están a utilizar en pacientes oncolóxicos e a mellora na abordaxe da súa patoloxía. Podes acceder a esta entrevista nel premendo aquí.
Sen comentarios