Hestia Alliance colabora nunha curtametraxe relacionada coa saúde mental

Hestia Alliance colabora nunha curtametraxe relacionada coa saúde mental

Hestia Alliance e Fundación Hestia participan en Tormenta de verán, unha curtametraxe relacionada coa saúde mental e dirixida por Laura García Alonso. Tormenta de verán parte “dunha vivencia persoal, pero os temas que aborda teñen vocación universal, reflexiona sobre o que supón coidar e ser coidado, sobre o límite entre a invasión e a confianza, e sobre o misterio que é a mente humana”, en palabras da directora.

A pasada primavera, o departamento de Produción da curtametraxe contactou con Hestia Alliance co fin de localizar parte da historia nun dos seus centros. A iniciativa foi ben acollida tanto polo Grupo coma pola Fundación Hestia, posto que está en sintonía co obxectivo de lle dar visibilidade á enfermidade mental e de combater o estigma que a rodea, clave na prestación asistencial de calidade que ofrecen as unidades de saúde mental de Hestia Alliance e no proxecto de sensibilización #MatealEstigma da Fundación.

A partir dese momento, o equipo de Tormenta de verán e profesionais de Hestia Alliance e a Fundación Hestia colaboraron para atopar o espazo máis adecuado para a parte da historia que se desenvolve no ámbito hospitalario, ademais de esbozar accións promocionais que poidan servir para dar difusión á curtametraxe e ás temáticas que aborda.

Sen comentarios

Publicar un comentario