O emotivo (e famoso) abrazo en Hestia Duran i Reynals

O emotivo (e famoso) abrazo en Hestia Duran i Reynals

Desde La Vanguardia a Clarín, pasando por diferentes medios xeneralistas e especializados, a historia do abrazo entre Juan Miguel, paciente de Covid, e Marc, enfermeiro de Hestia Duran i Reynals, vai camiño de se converter en viral (se non o é xa). Compartida pola súa filla Sara a través de “El Reto de los Lectores”, unha das canles de participación do rotativo catalán, relata o momento da despedida entre enfermeiro e paciente –un até logo, segundo o desexo de ambos– tras a estadía de Juan Miguel no centro sociosanitario que Hestia Alliance ten en L’Hospitalet de Llobregat.

Segundo conta Sara, Juan Miguel chegou a Hestia Duran i Reynals despois de ser derivado desde o Hospital de Bellvitge, onde estivo ingresado durante 111 días cun diagnóstico de pneumonía bilateral por coronavirus. O seu ingreso en Hestia Duran i Reynals pretendía contribuír a que Juan Miguel recuperase a mobilidade perdida a consecuencia da inmobilización durante o tempo que estivo na UCI e se incorporase progresivamente á nova realidade que vivimos.

Coa vista posta neste obxectivo, e do mesmo xeito que con outros doentes, traballou o equipo de Hestia Duran i Reynals. O empeño de Juan Miguel, a dedicación e o agarimo dos nosos profesionais e a gratitude de paciente e familia fixeron o resto. Por unha banda, curar e coidar; por outra, transmitir unha mensaxe de recoñecemento –personalizado en Marc e Lumi, enfermeiros; Carmen, auxiliar; Ricardo, fisioterapeuta; e a doutora Córdoba– a todos os sanitarios que se esforzaron por combater o coronavirus desde o inicio da pandemia.

Sen comentarios

Publicar un comentario