01 Mar O Servizo Catalán de Saúde publica “O ano COVID”
“Un reflexo do vivido, unha mostra pública de agradecemento polo compromiso sen límites de todos e todas as profesionais e un sentido recoñecemento a todas as persoas ás que a COVID19 lles alterou a vida para sempre”. Así se resume O ano COVID, a publicación editada polo Servizo Catalán da Saúde para repasar o impacto do virus SARS- COV-2 tras a súa irrupción en Cataluña en febreiro do ano pasado.
O ano COVID dedica un importante espazo aos profesionais, a quen considera “protagonistas indiscutibles” deste período, pero tamén recolle datos relacionados coa cronoloxía, a evolución, o gasto e o balance da actividade asistencial vinculados á pandemia. A reflexión arredor da resposta aos retos e o cambio e fortalecemento do sistema, así como as valoracións de Alba Vergés, conselleira do Departamento de Saúde, e de Adrià Comella, director do Servizo Catalán de Saúde, completan esta publicación que pode consultarse premendo aquí.
Sen comentarios