22 Xuñ “Perfecto reflejo” gaña o I Concurso de Fotografía da Semana da Natureza de Hestia Gracia
“Perfecto reflejo”, de Maite Solís Meneses, “Coucher du soleil”, de Laura de Gracia Serrano, y “Vilassar de Dalt”, de Lisa Maria Lesmes Velasco, obtiveron o primeiro, segundo e terceiro premio no I Concurso de Fotografía de Hestia Gracia, convocado con motivo da Semana da Natureza, celebrada en Cataluña entre o 22 de maio e o 5 de xuño. A satisfacción polo recoñecemento destas tres imaxes, as tres moi fermosas, era evidente entre as súas autoras, que recibiron moi alegres o agasallo correspondente.
O concurso era unha das iniciativas coas que Hestia Gracia se sumou á Semana da Natureza, a maior campaña de implicación cidadá para a defensa da natureza en terras catalás. Se esta pretendía animar os profesionais a participar nunha actividade á marxe do seu desempeño cotián, a outra elixida – un memory– serviu para sensibilizar as persoas usuarias potenciando os seus procesos cognitivos básicos. Coa resolución do concurso, cúmprese coa adhesión a esta campaña que se organiza desde 2016.
Sen comentarios