Terceira edición do Concurso de nadaliñas de Grupo Hestia

Terceira edición do Concurso de nadaliñas de Grupo Hestia

Por terceiro ano consecutivo, Hestia Alliance elaborará a súa felicitación de Nadal a partir dun deseño seleccionado entre os que presenten os seus pacientes e usuarios. Para participar só hai que presentar, antes do 9 de decembro, un debuxo tamaño cuartilla, en vertical ou horizontal, cun motivo relativo ao Nadal e elaborado usando ceras, lapis de cores, rotulador ou acuarelas.

Serán os profesionais de cada centro os encargados de seleccionar tres deles, que pasarán á final do concurso. Entre todos os finalistas, elixirase un, que servirá para confeccionar unha postal coa que Hestia Alliance e Fundación Hestia lles felicitará as próximas festas ao persoal, colaboradores, usuarios e familiares.

Esta iniciativa apóiase na implicación dos profesionais dos centros e na colaboración das persoas que están ingresadas ou son usuarias de diferentes unidades, e contribúe á consolidación do modelo de atención integrada e centrada na persoa que segue o Grupo.

 

Sen comentarios

Publicar un comentario