Residencia Hestia Stauros presume de decoración de Nadal

Residencia Hestia Stauros presume de decoración de Nadal

Caixas de cartón reutilizadas, papel ecolóxico reciclado, pintura e o Nadal como motivo. Tras a súa participación no IV Concurso de Postais de Nadal do Grupo Hestia, Residencia Hestia Stauros púxose mans á obra para integrar o usuario no espazo e nas festas próximas decorando as estancias entre residentes e profesionais como se fai en todos os fogares.

O elemento estrela da decoración, un mural realizado con caixas de cartón reutilizadas, forradas de papel ecolóxico reciclado, pintadas con motivos do Nadal alegres e rechamantes, que empezou a xestarse o xoves pasado na sala polivalente de Terapia coa preparación do espazo de traballo e a reorganización dos materiais e os grupos de artistas.

A mañá do venres 16, guiados por Laia, técnica en Animación da Residencia Hestia Stauros, todos os usuarios, tanto os que participaban directamente coma os que animaba coa súa presenza, e os integrantes do equipo asistencial e de rehabilitación, comezaron por grupos de traballo a pintura das caixas nun taller, acompañados da música e das panxoliñas que interpretaron todos os presentes.

E así, pincelada a pincelada, nota a nota, estrofa a estrofa, transcorreu o obradoiro que quedou plasmado en mural, que é moito máis que un adorno. “A decoración de Nadal no fogar é unha das tradicións máis antigas que se coñecen hoxe en día, cos beneficios que isto implica e poñendo énfase na integración psicosocial, redución de estrés e sentimento de acompañamento. Puxemos fin aos labores de decoración, cunha actividade culminante grupal”, explican desde o centro.

Ambiente. FOTO.- Alejandro González Abellán

Os participantes tamén o viviron de maneira especial. “Gustoume moito a actividade que fixemos e colaborar coas compañeiras. Decorar no Nadal paréceme imprescindible porque é unha tradición que se está perdendo e non debería ser así. Eu, cando era pequena, faciamos moitas cousiñas de decoración pola casa, e agora vexo que os meus netos non fan moita cousa. Iso non debería pasar! O Nadal é unha época do ano para conmemorar sempre. Polo tanto, fíxome moita ilusión que realizásemos unha actividade para decorar. Moi divertida!!!!”, salientaba Maria Dolors.

“O que máis me gustou foi a idea e o feito de pintar as caixas, porque ves que con pouca cousa se pode construír un palacio. Colaborar coas compañeiras foi moi divertido. A harmonía que houbo agradoume moito. A música de fondo e o ambiente eran moi acolledores. Paseino moi ben, xa que é unha actividade que me encanta”, complementaba Mari Carmen.

O mural xa loce para alegría de toda a familia da Residencia Hestia Stauros e do equipo asistencia, envorcado no modelo de atención centrado na persoa, para o cal a clave deste tipo de actividades estriba na súa adaptación aos gustos e aos intereses dos residentes. Para estes o Nadal segue a ser unha festividade destacada na súa traxectoria vital “pola fusión da estimulación cognitiva a través das artes mediante psicomotricidade fina co obxectivo de implicar o usuario dunha maneira dinámica e artística na decoración do noso espazo”.

 

FOTOS.- Alejandro González Abellán

Sen comentarios

Publicar un comentario