18 Dec Josefa Gutiérrez, de Hestia Duran i Reynals, gañadora do IV Concurso de Postais
Josefa Gutiérrez, de Hestia Duran i Reynals, resultou gañadora do IV Concurso de Postais do Grupo Hestia. Fíxoo coa imaxe dunha árbore colorista que “transmite moita ledicia” e destaca pola súa “maior calidade artística”.
Así mesmo, o xurado, integrado pola Coordinación de Terapias Rehabilitadoras, o Departamento de Comunicación e a deseñadora Catalina Cardona, destacou os deseños de Isabel Salas, tamén do Duran i Reynals, por “unha sinxeleza que, graficamente funcionaría moi ben para unha postal de Nadal” e de María Melià Martí, do Centro de Día de Es Mercadal, “polo uso da colaxe, que resulta moi interesante como técnica de felicitación e polo atractivo do xogo de bolas de Nadal que son bandullos de Papa Noel”.
Por carto ano consecutivo, con base na postal de Josefa Gutiérrez e unha frase de atribución popular incluída na proposta de Pilar Santos, residente de Hestia Stauros, elaborouse a postal corporativa coa que Hestia Alliance e Fundación Hestia felicitarán a pacientes, usuarios, familiares, profesionais e colaboradores. Así mesmo, todos os deseños presentados reuníronse nunha galería, expoñente da creatividade e a implicación de pacientes, usuarios e profesionais que os atenden.
Paralelamente á resolución do concurso de postais, Hestia Alliance e a Fundación Hestia atópanse inmersas nos preparativos do Nadal. Talleres, decoración, panxoliñas ou murais comezan a anticipar as festas en hospitais e centros, mentres que a Fundación conta as horas para o seu primeiro Concerto Solidario de Nadal.
Sen comentarios