A loita contra as desigualdades e cobertura sanitaria universal centran o Día Mundial da Saúde

A loita contra as desigualdades e cobertura sanitaria universal centran o Día Mundial da Saúde

Tras un ano de pandemia de COVID-19, a Organización Mundial da Saúde celebra o Día Mundial da Saúde 2021 coa vista posta en desigualdades existentes en materia sanitaria, que condenan ás poboacións máis pobres á enfermidade.

Salienta a OMS, que instituíu o 7 de abril como Día Mundial da Saúde, que a pandemia do coronavirus afectou máis directamente ás poboacións máis pobres e que tiñan uns servizos sanitarios máis deficientes, unha circunstancia inxusta e evitable.

Neste sentido, a OMS insistiu en que, malia os esforzos en prol dunha cobertura sanitaria universal, moitas persoas seguen sen ter acceso a unha atención sanitaria de calidade e que moitas delas se ven obrigadas a elixir entre a saúde e outros gastos cotiáns, como alimentos e mesmo un teito.

Por este motivo, na súa presente edición, baixo o lema “Construír un mundo máis xusto e saudable”, anímase a países e gobernantes a loitar por acabar con estas desigualdades, para que todos poidamos saír xuntos desta crise sanitaria coas mesmas oportunidades.

 

Sen comentarios

Publicar un comentario