05 Mai Alcohol e confinamento: consellos para evitar un consumo de risco
Tras a advertencia en relación cos riscos da automedicación, Hestia Alliance lembra a importancia de controlar o consumo de alcohol, ante o risco que implican as situacións estresantes e de malestar que leva consigo a pandemia.
Neste vídeo, a doutora Amaia Jamijyan, psiquiatra en Hestia Duran i Reynals, incide sobre a necesidade de identificar se estamos ante un consumo de risco como consecuencia das situacións estresantes, de malestar, de perda de lecer e rutinas, e de cambio na maneira de relacionarnos cos demais.
Detectar en que momentos estamos a consumir alcohol para substituílo por outro hábito máis san, manter unha rutina mínima e unha planificación, e consultar o médico correspondente en caso de dúbida ou de que abandonar este hábito nos estea a custar máis do esperado son algunhas das recomendacións ofrecidas pola doutora Jamijyan.
Sen comentarios