Comeza o Programa de Alimentación Saudable de Hestia Alliance

Comeza o Programa de Alimentación Saudable de Hestia Alliance

Co kiwi como protagonista, arrincou o Programa de Alimentación Saudable de Hestia Alliance. A iniciativa, enmarcada nos obxectivos de Responsabilidade Social Corporativa do grupo referente en atención sociosanitaria e saúde mental, pretende axudar a profesionais, pacientes e usuarios a levar unha dieta sa, saudable e que cubra todas as necesidades de nutrientes requiridas. O programa, desenvolto por Fundación Hestia, entidade que vehicula a RSC do grupo, impúlsase xunto con Sodexo.

Ademais de diferentes actividades relacionadas con conceptos básicos de nutrición, produtos de tempada, consellos de benestar ou información ambiental, o programa apóiase en manteis individuais e flyers nos que se recolle o contido seleccionado para cada mes. Así, en marzo, estes materiais subliñaban os beneficios do kiwi, unha froita con alto contido en magnesio, rico en vitamina C e magnesio asociados á mellora do sistema inmunolóxico, o atraso do envellecemento ou a protección contra as enfermidades cardiovasculares.

Promoción da saúde, entre os obxectivos de RSC de Hestia Alliance.

 Os obxectivos de Hestia Alliance en materia de RSC relaciónanse co avance na eficiencia enerxética, a promoción da docencia e a formación externa; a política de conciliación da vida persoal, familiar e laboral; os plans de igualdade e o capital humano; a empregabilidade e a promoción da saúde e a sensibilización.

Neste contexto, adquiren notable relevancia polo seu impacto na vida cotiá das persoas a promoción de hábitos de vida saudable, como son seguir unha dieta equilibrada e realizar actividade física regular. Neste sentido, desde 2020, os centros de Hestia Alliance impulsan tamén o programa Actívate co obxectivo de incentivar a pacientes e usuarios a manterse en forma.

 

Sen comentarios

Publicar un comentario