28 Set Covid-19: Miquel Pujol explicará a profesionais de Hestia Alliance as novidades do coronavirus
Miquel Pujol Rojo, xefe de Sección de Enfermidades Infecciosas do Hospital Universitario Bellvitge de Barcelona e director do programa VINCat (Vixilancia de Infección Nosocomial en Catalunya), será o protagonista da primeira sesión clínica por videoconferencia que organiza Hestia Duran i Reynals. A sesión programouse para o martes 29 de setembro, ás 15 horas, e versará sobre “Covid-19: Actualidade diagnóstica e transmisión comunitaria e nosocomial”.
Moderada polo doutor Jonathan Franco, director médico do centro de Hestia Alliance en L’Hospitalet de Llobregat, a sesión clínica ofrecerá as últimas novidades en canto ás probas diagnósticas da Covid-19 e aos factores que inciden na transmisión nos ámbitos comunitario e hospitalario, ademais de lembrar as medidas que poden contribuír a atallar os contaxios.
“Durante toda a crise sanitaria elaboramos informacións tanto para pacientes, usuarios e familias, coma para profesionais. Con esta videoconferencia damos un paso máis, co obxectivo de achegar a información dunha maneira máis interactiva. Dada a situación epidemiolóxica actual, o relatorio pode considerarse de alto interese, polo que esperamos a máxima participación dos profesionais dos diferentes centros de Hestia Alliance“, explica Asunción Robledo, directora asistencial do Grupo.
Sen comentarios