Covid-19. Tempo de palabras e xestos: os EPI de Daniel Garrote e os seus compañeiros ‘makers’

Covid-19. Tempo de palabras e xestos: os EPI de Daniel Garrote e os seus compañeiros ‘makers’

Non só de palabras se alimenta a solidariedade nestes días de pandemia. A sensibilidade de Daniel Garrote e dun grupo de compañeiros, o teletraballo ao que os obriga o estado de alarma e as novas tecnoloxías, concretamente a da impresión 3D, aliáronse para proporcionar, de forma totalmente altruísta, algúns dos compoñentes dos EPI, os equipos de protección individual tan necesarios para garantir a seguridade de pacientes e profesionais, e contribuír a minimizar o contaxio.

Sanatorio Esquerdo e Residencia Hestia Esquerdo foron dous dos centros beneficiados pola doazón de pantallas de Daniel e dos seus compañeiros e énchennos de gratitude. Elena Moreno, a directora de Residencia Hestia Esquerdo, a nosa minirresidencia madrileña integrada na Rede de Atención á Saúde Mental da Comunidade de Madrid, foi a encargada de recoller as pantallas e darlle as grazas –sen poder acompañar as palabras cun abrazo– a Daniel.

Con esta entrada, Hestia Alliance súmase a este agradecemento e faino extensivo a todas aquelas persoas e empresas que están a axudar aos nosos hospitais e centros con diferentes iniciativas ou a outros profesionais, dispositivos e recursos que están en primeira liña para a contención da pandemia. A vosa axuda fainos saber que non estamos sós e iso fainos máis fortes. Moitas grazas, makers! Moitas grazas a todos!

Sen comentarios

Publicar un comentario