26 Out Hestia Alliance, coa reivindicación do Día do Dano Cerebral
Hestia Alliance súmase á reivindicación dunha mellor atención para as persoas con dano cerebral. O acceso inmediato a unha rehabilitación especializada e unha coordinación sociosanitaria que oriente os pacientes e as súas familias sobre os recursos existentes tras a alta hospitalaria centran o Manifesto do Día Nacional do Dano Cerebral 2021.
Impulsado pola Federación Española de Dano Cerebral, o Manifesto pon o acento na perda de capacidades que sofre o medio millón de persoas con dano cerebral e no impacto que esta perda ten para elas e para os seus familiares e amigos. Así mesmo, salienta a necesidade de acabar coa escaseza e desigualdade territorial dos recursos asistenciais, moi destacadamente a neurorrehabilitación, que é a que contribúe a que os pacientes poidan recupera a máxima autonomía e benestar posibles.
Desde Hospital Hestia Madrid, centro de Hestia Alliance que conta entre os seus servizos cunha unidade de dano cerebral, así como desde o resto do Grupo, apóianse estas peticións e valórase positivamente a conveniencia de darlles resposta a través dunha Estratexia nacional de atención ao dano cerebral que garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar a cada persoa con dano cerebral, independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia.
Podes ver a lectura do manifesto e obter máis información sobre o Día do Dano Cerebral na web de Fedace.
Sen comentarios