Hestia Duran i Reynals celebra o seu tradicional Magosto

Hestia Duran i Reynals celebra o seu tradicional Magosto

Contan que é o sistema de crenzas dos antigos celtas, baseado fundamentalmente no recordo dos defuntos, o que explica unha das tradicións máis populares de Cataluña –a Castañada–, coincidente no tempo co Halloween dos países anglosaxóns (Samaín en Galicia) ou o Magosto do norte da Península.

Con máis de tres séculos de antigüidade, este costume remitiría á comedela dos campaneiros despois de tanxer as campás con forza durante a noite de Todos os Santos para lembrarlles aos fieis a necesidade de rezar pola alma dos defuntos.

Sexa cal for a súa orixe, Hestia Duran i Reynals non faltou á súa cita e celebrou o seu Magosto nunha das salas, decorada para a ocasión, unha cita na que participaron doentes, usuarios e profesionais do centro de L’Hospitalet de Llobregat, e que estivo amenizada pola música do señor Juan.

Festas populares e traxectoria vital dos doentes e das persoas usuarias

A celebración da Castañada (e doutras festas populares como o Nadal, o Día do Libro ou o San Xoán) é unha das actividades recorrentes nos centros de Hestia Alliance, posto que enriquece os distintos procesos terapéuticos.

Este tipo de iniciativas entronca de maneira significativa coa traxectoria vital de pacientes e persoas usuarias, e contribúe a que a súa estadía non quede descontextualizada do seu ambiente familiar e social, e xere momentos de socialización e lecer.

Sen comentarios

Publicar un comentario