27 Out Hestia Maresme dálle a benvida ao outono con música
Música para despedir o verán. A sala da cafetería de Hestia Maresme acolleu o pasado 5 de outubro un concerto para lle dar a benvida ao outono. Carlos e Sandra, un dúo profesional, achegáronse ao centro que Hestia Alliance xestiona en Mataró, Barcelona, para deleitar a pacientes e usuarios con cancións que se converteron nun clásico para diferentes xeracións.
A iniciativa partiu do equipo de rehabilitación. «As actividades en grupo cohesiónannos e a música é terapéutica. A socialización e a música teñen efectos terapéuticos comprobados. A música coñecida mellora o sentimento de pertenza, a memoria e a emoción do paciente e conéctao directamente coa súa historia e, polo tanto, coa vida», explican desde Hestia Maresme.
Esta percepción das profesionais do centro confirmábana algunhas persoas que gozaron do concerto. «Gustoume moito porque tocaron cancións de Serrat que eran moi bonitas», «espectacular», «cantaron ‘Boig per tu’, que a pedira», «gustoume moito que cantasen cancións antigas, de Antonio Machín, por exemplo»…, eran algúns dos comentarios.
O concerto de outono serve de continuidade á intervención terapéutica que Hestia Maresme organiza para enriquecer a estadía das persoas usuarias. Unha saída para participar nunha camiñada solidaria ou para compartir uns churros con chocolate, unha actuación coral ou o obradoiro de Sant Jordi son algunhas das actividades que se organizaron os meses pasados.
Sen comentarios