30 Abr O equipo de Animación de Hestia Duran i Reynals reflexiona cos pacientes sobre o impacto emocional da Covid-19
Saír á rúa, ver os amigos, quitar a máscara ou ter contacto humano como desexo para afrontar os sentimentos de medo, depresión, rabia, tristeza ou impotencia provocados polo impacto da Covid-19 nas nosas vidas.
O equipo de Animación Sociocultural de Hestia Duran i Reynals traballou cos seus pacientes sobre a xestión emocional da pandemia do coronavirus. A reflexión sobre os sentimentos experimentados ante as principais consecuencias das limitacións impostas polo virus traduciuse nun colorido mural que tamén pinta a esperanza.
Así, durante a actividade, xestos tan sinxelos como saír á rúa, tomar un chocolate con churros ou un vermut, ver os amigos ou mirar sempre cara a adiante expresan o desexo de todos tras moitos meses coa realidade alterada.
Xestión física e emocional
Actividades como esta enmárcanse no traballo despregado por Hestia Alliace en materia de xestión física e emocional da pandemia. “Este período supuxo un esforzo para todo o persoal sanitario e unha superación persoal e profesional fronte a unha nova realidade e unha nova cotiandiade”, constatan desde o Servizo de Animación do Grupo.
“No novo proceso de adaptación relacionado coa Covid-19, grazas á atención do Servizo de Animación, os pacientes e as pacientes puideron afrontar estes momentos difíciles e emocionalmente complexos, tendo un obxectivo fundamental: dar apoio e ter unha presenza constante”, insisten.
Desde a irrupción da pandemia, Hestia Alliance incidiu na xestión física e emocional desta, tanto en relación a pacientes, residentes e familiares coma respecto aos seus profesionais. Ademais da intervención nos centros cando as circunstancias o permitiron, diferentes profesionais elaboraron material gráfico e audiovisual de apoio, ao que se pode acceder desde a nosa web e a nosa canle, para dar información e pautas.
Sen comentarios