06 Xan O sector da dependencia analizará as estratexias para adaptarse á nova realidade
“Construyendo juntos un futuro nuevo” é o lema da segunda edición do Congreso Nacional Dependencia e Sanidade by Alimarket, que se celebrará en IFEMA (Madrid) os días 15, 16 e 17 de febreiro. Organizado por Alimarket e Nebext, boa parte das temáticas que integran o programa centraranse en proporcionar estratexias para facilitar a adaptación do sector ás esixencias da nova realidade, sen esquecer outros aspectos fundamentais da xestión empresarial e asistencial no ámbito da dependencia.
O Congreso ten confirmados programa e relatores de alto nivel, e foi concibido en formato presencial, adaptándose o seu desenvolvemento ás máis estritas medidas de seguridade, en cumprimento das esixencias da crise sanitaria. Segundo detallou a organización, a edición está a prepararse de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias, o Ministerio de Sanidade, a OMS e en colaboración coa UFI (Unión Internacional de Ferias).
Alimarket confía en repetir o éxito da primeira edición do Congreso Nacional Dependencia y Sanidad. Celebrado en febreiro de 2020, o evento congregou máis de 600 profesionais, en representación das principais compañías do sector e contou ademais cunha área expositiva integrada por unha vintena de casetas. Toda a información sobre os relatores xa confirmados, programa provisional e inscricións da presente edición está dispoñible na web www.congresodependencia.com
Sen comentarios