16 Set Residencia Hestia Esquerdo prepara o Día Mundial da Saúde Mental
Residencia Hestia Esquerdo –a Mini Residencia–, centro integrado na Rede de Atención Social a Persoas con Enfermidade Mental, atópase inmersa na preparación do Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra o vindeiro 10 de outubro.
Profesionais e usuarios están a traballar para sumarse a esta xornada instaurada pola Organización Mundial da Saúde para sensibilizar a poboación sobre aspectos relacionados coa saúde mental. Unha exposición de fotos e un tríptico informativo son as dúas accións elixidas para esta edición.
“Ambos os dous programas responden a unha necesidade actual social e de saúde. Desde a Residencia quixemos responder a esta necesidade, que se materializa nas mulleres da nosa residencia. Con estas actividades de grupo concedémonos ese espazo no que poder compartir e expresar todas aquelas inquedanzas que, tradicionalmente, quedaron relegadas, pero que comezan a visibilizarse no momento actual”, explica Elena Moreno, directora da Residencia Hestia Esquerdo.
Para Moreno, “empoderar as mulleres da nosa residencia, compartindo espazos desta realidade social, fainos ser parte activa deste cambiona sociedade. Ademais. apostar polo deporte e o lecer saudable, compartir en equipo, facer actividades ao aire libre, contactar coa natureza… convértenos en xeradores e potenciadores da nosa saúde”.
A Mini Residencia non será a única. Outros centros de Hestia Alliance e Fundación Hestia realizarán diversas actividades no marco deste día, cuxo lema para o 2022 é “Polo dereito a crecer en benestar”.
Sen comentarios