28 Xuñ Residencia Xeriátrica e Centro de Día Sant Lluís, polos dereitos LGTBIQ+
Residentes e usuarios da Residencia Xeriátrica e Centro de Día Sant Lluís, en Menorca, sumáronse á celebración do Día do Orgullo LGTBI, participando nun mural reivindicativo, obra de Lluís Valverde. Frases en favor do colectivo e un despregamento de cores plasmados nunha parede do Polideportivo, coa participación dunha vintena de persoas, entre eles maiores, con reflexións arredor da identidade e a liberdade sexual, mereceron a atención por parte de IB3, a televisión autonómica balear.
A actividade, organizada polo Concello de Sant Lluís, adquiriu un marcado carácter interxeracional ao contar, así mesmo, coa asistencia de membros da Asemblea Local de Infancia e Adolescencia. O encontro entre persoas maiores, nenos e mozos, así como a integración na vida social e cultural do concello é unha constante no modelo asistencial de centro que Hestia Alliance xestiona no municipio menorquino.
“Desde a Residencia Xeriátrica e Centro de Día San Luís quixemos formar parte neste acto para reafirmar a liberdade sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero. Estimular o debate, crear eslógans e achegarnos para deixar a nosa frase escrita axúdanos a reflexionar e concienciar as persoas maiores da residencia, axúdanos a aceptar diferentes realidades e a priorizar un valor tan humano como é o amor”, explica Jèssica Ametller, xerente do centro.
Sen comentarios