24 Mar Residencia Xeriátrica e Centro de Día Sant Lluís sorprende coa súa panxoliña de Nadal
Residentes e profesionais da Residencia Xeriátrica e Centro de Día Sant Lluís sorprenderon coa súa panxoliña “Un desig” (“Un desexo”) ás portas da primavera. O vídeo, gravado nas instalacións do centro menorquino, é o resultado dun proxecto que se remonta a finais de 2019, cando a Residencia pensou en aproveitar o obradoiro de musicoterapia que imparte Gràcia Pons para ensaiar unha panxoliña e saír a cantala polas rúas de Sant Lluís.
Naquel momento non houbo tempo suficiente e decidiuse aprazar a idea para 2020. Quen podía saber daquela que o coronavirus afectaría a todas as nosas rutinas como o fixo? De portas cara a dentro, a Residencia adaptouse ás novas circunstancias –sen esquecer en ningún momento o seu modelo asistencial integral e centrado na persoa– e o Nadal pasado estaba preparada para compartir a súa panxoliña, unha canción orixinal de Josep adaptada por eles.
Non puido ser. Cada restrición, un adiamento e, despois duns cantos, unha decisión: renunciar a saír pola rúa, pero non a cantar todos xuntos e editar un vídeo para poder compartir “o seu desexo”, entre todos os seus familiares e amigos. Velaquí vai:
<iframe width=”560″ height=”315″ src=”https://www.youtube.com/embed/jdPcw5ynnnM” title=”YouTube video player” frameborder=”0″ allow=”accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture” allowfullscreen></iframe>
Sen comentarios